DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2025 Páx. 26137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 23 de abril de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 20250111TA-PO por infracción en materia sanitaria.

O 27 de marzo de 2025, a directora territorial de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador 20250111TA-PO contra a persoa titular do DNI 76822907D.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio se lle notifica á persoa titular do DNI 76822907D o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentar alegacións, ante este departamento territorial no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, e lembraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias deste departamento, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na avenida María Victoria Moreno, número 43, 1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Advírteselle que, antes da resolución do procedemento, ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 23 de abril de 2025

Natalia Botana Rey
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 20250111TA-PO.

DNI da persoa denunciada: 76822907D.

Último enderezo coñecido: Barbeito, 9, Adina (Sanxenxo), en Pontevedra.

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro. Artigo 3.2, «Prohíbese vender ou entregar a persoas menores de dezaoito anos produtos do tabaco, así como calquera outro produto que o imite e induza a fumar».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.3.l) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro: «Consideraranse infraccións graves: l) A venda ou entrega a persoas menores de dezaoito anos de produtos do tabaco ou de produtos que imiten produtos do tabaco e induzan a fumar».

Sanción proposta: seiscentos un euros (601,00 €).