DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2025 Páx. 26117

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2025, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 222, do 22 de novembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 5 de maio de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de novembro de 2024 (DOG núm. 220, do 14 de novembro), modificada pola Resolución do 22 de novembro de 2024 (DOG núm. 229, do 27 de novembro), para cualificar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 222, do 22 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 12 de maio de 2025, ás 15.30 horas, en chamamento único, no seminario B da Escola Galega de Administración pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid 2-4, Santiago de Compostela.

A listaxe de persoas aspirantes convocadas para a realización deste exercicio pódese consultar no portal web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.gal).

As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso á aula en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio.

Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2025

Laura Suárez Fernández
Presidenta do tribunal