Salvador Albores Antelo, en calidade de representante da Comunidade de Usuarios de Augas de ABPE-Outes, por medio deste anuncio convocamos a asemblea xeral que terá lugar o 31 de maio de 2025, ás 16.00 horas en primeira convocatoria e ás 16.30 horas en segunda convocatoria, no local social de Outes, coa seguinte orde do día:
1. Relación e inventario de usuarios e análises para a constitución da comunidade.
2. Nomeamento de membros para constitución da Xunta Directiva e Xurado.
3. Tramitar a solicitude do CIF na Axencia Tributaria.
4. Encargo e redacción de estatutos.
5. Outros puntos de interese.
6. Rogos e preguntas.
Outes, 15 de abril de 2025
Salvador Albores Antelo
Representante da Comunidade de Usuarios de Augas de ABPE-Outes
