A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 1 de abril de 2025, acordou a incoación do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade CO-0011-2024 e a instrutora do Servizo de Inspección Urbanística I formulou prego de cargos no mesmo expediente.
Ao non poder realizarse a notificación persoal ás persoas interesadas con documento nacional de identidade número 32430129Z, 47372722J e 47372723Z, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a devandita incoación e o prego de cargos por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber as persoas interesadas que o texto íntegro da incoación e o prego de cargos que se notifica se encontran ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
As persoas interesadas disporán dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentaren os documentos e xustificacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.
Para que conste, e lles sirva de notificación ás persoas destinatarias arriba indicadas, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 24 de abril de 2025
María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
