No BOP de Lugo núm. 91, do 22 de abril de 2025, publicouse unha modificación das bases reguladoras de selección de conserxe limpador do CEIP Veleiro Docampo (funcionario de carreira), mediante oposición libre, que foron publicadas no BOP de Lugo núm. 54, do 7 de marzo de 2025.
O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no BOE.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.
Castro de Rei, 24 de abril de 2025
Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde
