DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 2025 Páx. 26726

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 22 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos por este instituto, e se convocan para o ano 2025 (código do procedemento VI420A).

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 87, do xoves 8 de maio de 2025, cómpre efectuar a seguinte corrección:

– Na páxina 26101 no anexo I, no título do procedemento,

Onde di:

«AXUDAS ÁS ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN E RENOVACIÓN NAS ARI DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO E DA RIBEIRA SACRA»,

Debe dicir:

«AXUDAS, EN CONCORRENCIA COMPETITIVA, DIRIXIDAS ÁS COMUNIDADES DE PROPIETARIOS PARA A REPARACIÓN, A REHABILITACIÓN E/OU A ADAPTACIÓN DOS EDIFICIOS DE VIVENDAS PROTEXIDAS PROMOVIDOS POLO INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO»