DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 2025 Páx. 26729

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 maio de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos, arquitectos técnicos e ciencias, convocado pola Resolución do 27 de febreiro de 2024.

Convocado o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos, arquitectos técnicos e ciencias, por Resolución do 27 de febreiro de 2024, á vista da proposta da comisión encargada de valorar os méritos alegados polas persoas concursantes e de conformidade coa base IX da convocatoria, esta dirección xeral, no uso da competencia delegada pola Consellería de Facenda e Administración Pública en virtude do disposto no artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro),

RESOLVE:

Primeiro. Excluír o posto número 578 relacionado no anexo I desta resolución da relación de postos vacantes que figuran no anexo I da Resolución do 27 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 50, do 11 de marzo), incluído erroneamente no concurso por estar ocupado por persoal laboral fixo.

Segundo. Publicar as puntuacións provisionais das persoas concursantes admitidas para cada un dos postos solicitados, no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal na epígrafe de concurso de traslados https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/consulta

Terceiro. As persoas interesadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, concretamente ata o 26 de maio. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal e deberá cubrirse e presentarse electronicamente segundo o establecido na base IV da convocatoria («Tramitación electrónica») https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions

A reclamación deberá especificar a alínea ou alíneas da base III sobre as que se reclama, con indicación expresa daqueles méritos que se consideran erroneamente puntuados e a causa concreta obxecto de reclamación.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2025

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO I

Postos retirados da primeira fase

Posto

Código do posto

Nv

Grupos

Corpo/escala

Adm. Pub / Áreas Func.

Denominación posto

Cons

Centro directivo

Centro destino

Conc.

Titulacións requeridas

Formación específica

Observacións

578

MR.O19.10.000.36001.060

25

A1A2

ESPECIAL (ESC. ENXEÑEIROS TÉCNICOS - ESP. ENX. TÉCNICA AGRÍCOLA) ESPECIAL (ESC. ENXEÑEIROS - ESP. ENX. AGRÓNOMA)

AXG F_INS

XEFATURA SECCIÓN

MR

FOGGA/ SERVIZOS

TERRITORIAIS

SERVIZO TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

36001

168