DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 2025 Páx. 26767

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 7 de abril de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS626F (expediente 15078001223R e sete máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a este departamento territorial, intentada a notificación dos requirimentos de documentación ditados no procedemento de revisión no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes advertíndolles que, de non facelo, se entenderá efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia sen teren presentada a documentación, continuará a tramitación dos expedientes sen prexuízo da adopción das medidas que procedan, de conformidade co disposto no artigo 43 e seguintes da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.

A Coruña, 7 de abril de 2025

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS626F

Nº de expediente

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

15078001223R

52480861J

Requirimento de documentación

3.3.2025

15062000322R

Y9472647L

Requirimento de documentación

20.2.2025

15030022624R

Y8232318B

Requirimento de documentación

19.2.2025

15058000325R

47357771N

Requirimento de documentación

18.2.2025

15030054821R

Y6896362X

Requirimento de documentación

5.3.2025

15030055023R

46900924Z

Requirimento de documentación

19.3.2025

15030050923R

32978930N

Requirimento de documentación

19.3.2025

15030051023R

Y8826494M

Requirimento de documentación

19.3.2025