DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 2025 Páx. 26795

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 28 de abril de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o traslado da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMTS MOS707 e CT Louriño, realizada pola empresa beneficiaria da expropiación.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS MOS707 e CT Louriño, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán presentar, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, escrito en que acepten ou rexeiten a folla de valoración da empresa beneficiaria, no segundo caso, terán dereito a facer as alegacións que coiden oportunas, empregando os métodos de valoración que xulguen máis convenientes para xustificar a súa valoración e, así mesmo, achegar as probas que consideren oportunas na xustificación das ditas alegacións.

Vigo, 28 de abril de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/367-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS MOS707 e CT Louriño.

Concello: Mos.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titular

1

36033A031060090001DT

Namelas

Alejandro Estévez Lugo