DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 2025 Páx. 26798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ANUNCIO do 24 de abril de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 2017/50.

De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador por infracción na orde social, devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación electrónica, esta non se puido efectuar.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor un recurso de alzada, perante a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 30 e 122 da Lei 39/2015, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

As persoas interesadas, durante este prazo, poderán presentarse ante o Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social, do Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución.

Advírteselle que, de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza e deberá aboar a multa imposta a través das entidades colaboradoras que constan no documento de pagamento, xa que, en caso contrario, se procederá á execución pola vía de constrinximento, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 23 de novembro de 2001.

Expediente: 2017/50 (acta: I272017000009978).

Data da resolución: 9 de abril de 2025.

Empresa: Josue Garay Maiz.

Enderezo: avenida Santo Estevo de Morás, 17, Arteixo (A Coruña).

Lugo, 24 de abril de 2025

Carmen José López Rodríguez
Directora territorial de Lugo