DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2025 Páx. 26845

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2025 pola que se renova a composición do Consello Interdepartamental de Coordinación para a Prevención e Atención das Condutas Suicidas.

Antecedentes:

1. O Diario Oficial de Galicia número 52, do 14 de marzo de 2019, publica o Decreto 21/2019, do 14 de febreiro, polo que se crea e se regula o Consello Interdepartamental de Coordinación para a Prevención e Atención das Condutas Suicidas.

2. O dito decreto indica no seu artigo 4 que este consello estará composto por unha presidencia, unha vicepresidencia e doce vogalías nomeadas e cesadas mediante resolución pola persoa titular da consellería competente en materia de sanidade.

As vogalías estarán formadas polas persoas indicadas no número 5 do artigo 4.

3. O artigo 4, que regula a composición do Consello, no número 3 asigna a vicepresidencia á persoa titular da subdirección xeral competente en materia de planificación e programación asistencial do Servizo Galego de Saúde.

4. O artigo 10, que regula a duración do mandato dos membros do Consello e as causas de cesamento, no número 3 sinala como unha destas causas a renuncia. Con data do 17 de xaneiro de 2025, Beatriz Gómez Gómez presentou a súa renuncia.

5. Por outra banda, con data do 27 de maio de 2024 publicouse o Decreto 145/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, que crea e regula nos artigos 8.3.e) e 10, respectivamente, a Subdirección Xeral de Atención á Saúde Mental, anteriormente Subdirección Xeral de Planificación e Programación Asistencial.

De acordo con todo o indicado,

DISPOÑO:

1. Proceder ao cesamento de Beatriz Gómez Gómez tras presentar a súa renuncia como membro do Consello.

2. Proceder ao nomeamento de Isabel Sánchez Fernández en substitución de Beatriz Gómez Gómez.

3. Proceder ao nomeamento de Almudena Díaz Pereira, subdirectora xeral de Atención á Saúde Mental do Servizo Galego de Saúde.

4. De conformidade co anterior, o Consello Interdepartamental de Coordinación para a Prevención e Atención das Condutas Suicidas queda composto como se indica no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2025

Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Composición do Consello Interdepartamental de Coordinación para a Prevención e Atención das Condutas Suicidas

1. Presidencia: Alfredo José Silva Tojo, director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde.

2. Vicepresidencia: Almudena Díaz Pereira, subdirectora xeral de Atención á Saúde Mental do Servizo Galego de Saúde.

3. Secretaría: Mercedes Lijó Ayaso, xefa de sección de Drogodependencias do Servizo Galego de Saúde.

Vogalías:

4. Marcos Araújo Pereira, xerente da Axencia Galega de Emerxencias, en representación da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

5. Ana María Alzate Rodríguez, xefa do Servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia, en representación da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

6. Jacobo Rey Sastre, director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, en representación da Consellería de Política Social e Igualdade.

7. Jaime Fraga Ares, xefe do Servizo de Prevención de Condutas Adictivas, en representación da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

8. Julio Jiménez Feliz, médico forense, subdirector da Subdirección Territorial de Ourense, en representación do Instituto de Medicina Legal de Galicia.

9. Román Gómez Vázquez, director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias Galicia-061, en representación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias Galicia-061.

10. Antonio Hernández Fernández, director de Saúde Mental Feafes Galicia, en representación da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes Galicia).

11. Amparo González García, enfermeira especialista en saúde mental do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

12. Isabel Sánchez Fernández, traballadora social do Complexo Hospitalario Universitario de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

13. Jacobo Laya García, médico de Atención Primaria da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza.

14. Alejandro García Caballero, psiquiatra do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

15. José Eduardo Rodríguez Otero, psicólogo clínico do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.