DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2025 Páx. 26902

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2025 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2025.

En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Tributaria de Galicia nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2025

Sonia Lafont Sendino
Directora da Axencia Tributaria de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2025

Convenio

Achega consellería (€)

Data sinatura

Protocolo de adhesión do Concello de Muíños ao convenio subscrito o 30.9.2020 entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración

Sen achega económica

14.1.2025

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Asociación do Club do Asesor para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

28.2.2025

Acordo de addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Peritos Agrícolas de Lugo para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

4.3.2025

Acordo de addenda de modificación e prórroga do convenio entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Axencia Tributaria de Galicia para o intercambio de información sobre o mercado inmobiliario e a coordinación de actuacións relativas ao valor de referencia

Sen achega económica

6.3.2025

Acordo de addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Asociación Europea de Xestores e Administradores Inmobiliarios (AEGAI) para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

10.3.2025

Protocolo de adhesión do Concello de Tui ao convenio subscrito o 30.9.2020 entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa administración

Sen achega económica

25.3.2025

Acordo de addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

4.4.2025

Acordo de addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Española de Asociacións Profesionais de Técnicos Tributarios e Asesores Fiscais para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

8.4.2025

Acordo de addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Asociación Empresarial de Transporte de Galicia para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

14.4.2025

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Asociación Española de Asesorías e Consultorías de Empresa para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

29.4.2025

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Ilustre Colexio da Avogacía de Madrid para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

29.4.2025

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Peritos Agrícolas de Ourense para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

29.4.2025

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Empresarial de Transportes de Mercadorías por Estrada para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

29.4.2025

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Confederación de Empresarios de Lugo para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

29.4.2025