DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2025 Páx. 26997

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 25 de abril de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se acorda notificar o requirimento para completar o expediente de solicitude de cancelación no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia á persoa interesada, PO-2017/00157.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), por non ser posible a notificación persoal á persoa interesada, notifícaselle á persoa abaixo relacionada o requirimento para completar o expediente de solicitude de cancelación no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O expediente relacionado está á disposición da persoa interesada no Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Pontevedra, 25 de abril de 2025

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

PO-2017/00157

39450639G