DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2025 Páx. 27028

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO das bases reguladoras da convocatoria pública para a provisión do posto de traballo de adxunto/a de dirección de ingresos e inspección tributaria, mediante o sistema de concurso específico (expediente 1865/1102).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 71, do 14 de abril de 2025, publicáronse as bases reitoras do concurso específico para a provisión do posto de adxunto/a de dirección de ingresos e inspección tributaria.

Consonte o establecido na base segunda, o prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

A resolución da convocatoria, publicarase no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios do Concello de Vigo e na sede electrónica do Concello de Vigo.

Vigo, 15 de abril de 2025

O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación, Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024 e
Acordo da Xunta de Goberno Local do 28.6.2024)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade,
Contratación, Festas e Xestión Municipal