Mediante a Resolución da Alcaldía número 52, do 19 de marzo de 2025, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de persoal funcionario de carreira, escala de Administración xeral, subescala administrativo, grupo C, subgrupo C1, polo sistema de concurso-oposición, publicadas no Boletín Oficial da provincia, número 64, do 3 de abril de 2025.
Mediante a Resolución da Alcaldía número 77, do 15 de abril de 2025, aprobouse a modificación da base sétima, publicada no BOP número 74, do 21 de abril de 2025.
O resto do texto permanece tal como aparece publicado no BOP número 64, do 3 de abril de 2025, e publícase o texto modificado integramente na sede electrónica do Concello (http://punxin.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia, na sede electrónica do Concello (http://punxin.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios.
Punxín, 21 de abril de 2025
Manuel Vázquez Fernández
Alcalde
