De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 29 de abril de 2025 do proxecto Ampliación de explotación de gando vacún de leite, no lugar do Pedo, na parroquia de Santa Cristina, no concello de Cospeito (Lugo), promovido por Ganadería Carreiras, S.C.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 29 de abril de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
