O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade deberá publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.
Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,
RESOLVO:
Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o primeiro cuadrimestre do ano 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 2 de maio de 2025
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia durante o primeiro cuadrimestre do ano 2025
|
Convenios |
Obxecto |
Data da sinatura |
Achega de Augas de Galicia |
|
Acordo polo que se resolve o convenio de colaboración asinado o 10.11.2021 entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e os concellos de Leiro e Boborás para a renovación da tubaxe desde Pazos de Arenteiro á estación de tratamento de auga potable de Leiro. Concellos de Leiro e Boborás (Ourense), financiado ao 100 % a parte elixible pola Unión Europea no marco do eixe React-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19. |
Resolver o convenio de colaboración asinado o 10.11.2021 entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e os concellos de Leiro e Boborás para a renovación da tubaxe desde Pazos de Arenteiro á estación de tratamento de auga potable de Leiro. Concellos de Leiro e Boborás (Ourense), financiado ao 100 % a parte elixible pola Unión Europea no marco do eixe React-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19. |
2.1.2025 |
129.426,78 € |
|
Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e a Universidade de Vigo para o estudo e desenvolvemento dunha metodoloxía para a modelización do efecto na calidade da auga das distintas presións existentes nas bacías dos encoros de Portodemouros, Caldas de Reis e Forcadas, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. |
Establecemento das condicións que rexerán a cooperación entre Augas de Galicia e a Universidade de Vigo para a realización dun estudo e desenvolvemento dunha metodoloxía para a modelización do efecto na calidade das augas e dos ecosistemas asociados a elas das distintas presións existentes nas bacías dos encoros de Portodemouros, Caldas de Reis e Forcadas, de forma que se posibilite a planificación de medidas o máis eficaces e eficientes posibles, que redunden nunha mellora ambiental destas bacías. |
11.3.2025 |
391.233,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Barro para a execución da actuación «Nova estación depuradora de augas residuais do Concello de Barro. Barro (Pontevedra)», no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. |
Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Barro que permitan acometer as obras consistentes na execución da actuación «Nova estación depuradora de augas residuais do concello de Barro. Barro (Pontevedra)», e na súa conservación e mantemento. |
1.4.2025 |
2.937.746,49 € |
|
Convenio específico para o desenvolvemento da formación en centros de traballo subscrito por Augas de Galicia e o CIFP A Granxa de Ponteareas. |
A colaboración entre as entidades asinantes para o desenvolvemento dun programa formativo de formación en centros de traballo, dirixido ao alumnado de formación profesional específica, coa denominación da ensinanza: Educación e control ambiental. Establecer un programa para a realización de prácticas académicas externas do alumnado nas instalacións da entidade pública empresarial Augas de Galicia na cidade de Vigo. |
31.3.2025 |
Sen custo económico |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, o Servizo Galego de Saúde, o Instituto Galego de Promoción Económica, a Fundación Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia, o Parlamento de Galicia, Augas de Galicia e a Axencia Galega de Emerxencias para a actualización tecnolóxica de software de servidor, backoffice e escritorio da Xunta de Galicia. |
Establecer as pautas que se seguirán na colaboración entre Amtega, o Sergas, o Igape, o Cesga, o Parlamento, Augas e Axega para o financiamento conxunto do primeiro contrato derivado do expediente AMT-2024-0082 de subministración e actualización tecnolóxica de software de servidor, backoffice e escritorio existente en diferentes organismos e entes dependentes da Xunta de Galicia. |
2.4.2025 |
266.344,35 € |
|
Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Ortigueira para a asunción por Augas de Galicia da xestión da estación depuradora de augas residuais de Ortigueira e da prestación do servizo de depuración. |
Establecer as condicións nas cales Augas de Galicia asumirá, en calidade de entidade prestadora de servizos e nos termos establecidos na Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga, a xestión da estación depuradora de augas residuais de Ortigueira e do seus equipos e instalacións, e a prestación do servizo de depuración. |
14.4.2025 |
Sen custo económico |
|
Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Vilaboa para a asunción por Augas de Galicia da xestión da estación depuradora de augas residuais de Riomaior e da prestación do servizo de depuración. |
Establecer as condicións nas cales Augas de Galicia asumirá, en calidade de entidade prestadora de servizos e nos termos establecidos na Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga, a xestión da estación depuradora de augas residuais de Riomaior e dos seus equipos e instalacións, e a prestación do servizo de depuración. |
16.4.2025 |
Sen custo económico |
|
Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Soutomaior para a asunción por Augas de Galicia da xestión da estación depuradora de augas residuais de Comboa e da prestación do servizo de depuración. |
Establecer as condicións nas cales Augas de Galicia asumirá, en calidade de entidade prestadora de servizos e nos termos establecidos na Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga, a xestión da estación depuradora de augas residuais de Comboa e dos seus equipos e instalacións, e a prestación do servizo de depuración. |
16.4.2025 |
Sen custo económico |
|
Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Oroso polo que se subvencionan as obras necesarias para renovar a rede de abastecemento e saneamento dentro do proxecto de remodelación da Avenida de Garabanxa. Oroso (A Coruña). |
Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Oroso que permitan ao concello acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras necesarias para renovar a rede de abastecemento e saneamento da avenida de Garabanxa, a súa explotación e a súa conservación e mantemento, nos termos establecidos nas cláusulas seguintes. |
25.4.2025 |
268.110,80 € |
