De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), as persoas propietarias da zona de concentración parcelaria de San Juan de Campo (Trazo-A Coruña), que figuran no anexo, para seren notificadas dun trámite de audiencia referente á rectificación da acta de reorganización da propiedade.
Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Os expedientes poderanse consultar nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 30 de abril de 2025
María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Z.C.P. San Juan de Campo (Trazo-A Coruña)
|
DNI/Nome |
Acto notificado |
|
32191527Z |
Trámite de audiencia |
|
32255255D |
Trámite de audiencia |
