De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:
|
Instalación: complexo industrial de tratamento e produción de perfís de aluminio en Extramundi |
Procedemento: revisión para a adaptación á Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos |
|
Titular: Aluminios Cortizo, S.A. |
Núm. de rexistro AAI: 2007/0272_NAA/IPPC_222 |
|
Localización: concellos de Padrón e Rois (A Coruña) |
Expediente: 2024-IPPC-M-68 |
Esta resolución poderá consultarse en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 30 de abril de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
