De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase a persoa interesada que se indica no anexo para notificarlle os actos administrativos ditados no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil e demais normas de aplicación, e que figura no dito anexo.
O expediente está á disposición da dita persoa interesada ou da persoa que a represente, debidamente acreditada, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade, na rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer, para coñecer o contido íntegro dos actos administrativos, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertindo que, de non o facer, se considerarán efectuadas as notificacións no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que as notificacións quedarán supeditadas á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que os actos de resolucións poderán ser impugnados ante o Xulgado de Primeira Instancia desta cidade que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde a súa notificación, efectuada por comparecencia, sen necesidade de presentación de reclamación administrativa previa ante a Consellería de Política Social e Igualdade, segundo o artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
Así mesmo, advírtese que desde o día seguinte ao da notificación do acto de comunicación do inicio do trámite de audiencia, efectuada por comparecencia, terá dez (10) días hábiles para presentar as alegacións, suxestións e/ou documentación que considere procedente.
Lugo, 4 de abril de 2025
Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo
ANEXO
Nº do expediente: 2024/58/27.
Persoa interesada: Mohamed, Rahma.
Actos administrativos que se notifican:
– Resolución de establecemento urxente de medida administrativa do 25 de outubro de 2024.
– Oficio de comunicación do inicio do trámite de audiencia do 21 de novembro de 2024.
