DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 2025 Páx. 27610

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 11 de abril de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no expediente BS611A 2024/8316-1 e dous máis.

De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse, para proceder á notificación dos actos administrativos de citación, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo.

Para coñeceren o contido íntegro dos actos que se notifican, as ditas persoas interesadas, por si ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Discapacidade do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo –ala sur– Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, de non atenderen ao establecido no acto de citación unha vez efectuada a súa notificación por comparecencia ou tras o seu vencemento, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, unha vez transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, se producirá a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e se acordará o arquivamento das actuacións logo da resolución que lle será notificada á dita persoa interesada.

A Coruña, 11 de abril de 2025

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2024/8316-1

79330770K

Citación para o recoñecemento

18.3.2025

2022/5968-1

47439132E

Citación para o recoñecemento

18.3.2025

2024/11800-1

76408961V

Citación para o recoñecemento

26.3.2025