DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 2025 Páx. 27548

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 5 de maio de 2025 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo convocado mediante a Orde do 19 de marzo de 2025 (código do posto EC.201.00.000.15770.040).

Mediante a Orde do 19 de marzo de 2025, publicada no Diario Oficial de Galicia número 62, do 31 de marzo de 2025, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Industria.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria e adxudicarlle destino á persoa cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria realizada mediante a Orde desta consellería do 19 de marzo de 2025 no posto de traballo que se indica no mesmo anexo.

Segundo. O cesamento no actual destino da persoa que obtivo a praza producirase, segundo o previsto no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, no prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou segundo o establecido na normativa da súa Administración de orixe.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres (3) días hábiles, contados a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles, se comporta cambio de residencia.

Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes desde a publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidos ás persoas designadas. Nos supostos de incapacidade temporal, o cómputo do prazo iniciarase a partir da data de alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro en que cause baixa o persoal funcionario, así como a daquel en que obteña destino efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2025

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía e Industria

ANEXO

Apelidos e nome: Ferradás Cao, Iris.

DNI: *** 0808**.

Grupo/subgrupo: A1.

Corpo/escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Código do posto: EC.201.00.000.15770.040.

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Apoio Técnico.

Nivel: 28.

Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.

* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.