DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 2025 Páx. 27618

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ponteceso (expediente IN407 A2023/436-1).

Expediente: IN407A 2023/436-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: LMT, CT, RBT Pazos de Arriba.

Concello: Ponteceso.

Feitos:

1. O día 10.10.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de mellorar a calidade de subministración e coa intención de resolver as reclamacións por caídas de tensión existentes no lugar de Pazos de Arriba, no concello de Ponteceso, proxéctase o desmantelamento do centro de transformación CT M. Figueroa (15CCC4, exped. 11.220 e IN407A 2016/520-1), de superficie de 160 kVA de potencia, polo seu estado de deterioración, e dun tramo aéreo da liña de distribución de media tensión que o alimenta denominada LMT BRT803, procedente da subestación Bértoa, e a instalación dun novo centro de transformación prefabricado de 250 kVA, un novo tramo soterrado de liña de media tensión que o conectará coa liña de distribución antedita e a correspondente reordenación da rede de baixa tensión da zona.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado LMT, CT, RBT Pazos de Arriba, asinado o día 16.5.2023 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 2.980 de Vigo, así como a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 5 de abril de 2024.

• BOP: 18 de marzo de 2024.

• Xornal La Voz de Galicia: 28 de marzo de 2024 (ed. de Bergantiños).

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 26.6.2024.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionadas coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: o Concello de Ponteceso e a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI). A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

5. O día 15.4.2025 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG número 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG número 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación.

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Pazos de Arriba, no concello de Ponteceso, e as súas características técnicas son as seguintes:

• Desmantelamento dos tramos da derivada (IN407A 2016/2253-1) ao CT M. Figueroa da LMT BRT803, procedente da subestación Bértoa, seguintes:

• LMTA a 20 kV, de 156 m, condutor tipo LA-30 e LA-56 Al, con orixe no apoio proxectado para intercalar entre o apoio número 9SEPJ3XM//77-37 existente e o número 9RDWCL5X//77-37-1 que se vai desmantelar, e o apoio número 77-37-3. Retirada dos apoios número 77-37-1 (XS), 77-37-2 e 77-37-3 (PA/S).

LMTS a 20 kV, de 15 m, condutor tipo RHV 12/20 kV 3 (1×95 mm2 Al), con orixe no PA/S do apoio número 77-37-3 para desmantelar e remate no CT que se vai desmantelar.

• Desmantelamento do CT M. Figueroa (15CCC4, exped. 11.220 e IN407A 2016/520-1), de superficie de 160 kVA.

• LMTS a 20 kV, de 213 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3X(1x150) mm2 Al, con orixe no PA/S do apoio proxectado tipo C-2000/12 frecuentado, no cal se instarán autoválvulas e un seccionador XS, na LMT BRT803 e remate no CTC proxectado.

• Retensado do tramo LMTA a 20 kV, de 61 m, condutor tipo LA-30 Al, con orixe no apoio número 77-37 existente e remate no apoio proxectado tipo C-2000/12.

• Novo CT no lugar de Pazos de Arriba compacto prefabricado de manobra exterior tipo rural, cunha potencia de 250 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 1L+1P.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) núm. 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) núm. 517/2014 (DOUE 573, do 20 de febreiro), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude co cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e o ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 22 de abril de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

LMT, CT e RBT Pazos de Arriba (Ponteceso)

Parcela do proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

LMT soterrada

(servidume de paso de

enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude

(m)

Superficie

(m2)

Lonxitude

(m)

Superficie

(m2)

1

Herdeiros de Manuel Castro Puñal

15069A501004130000OY

Seixo

112,31

Rústico. Agrario

2

Herdeiros de María Nieves Pose Carneiro

15069A501004310000OX

Camposa

Novo apoio proxectado 1 (PA/S) (½)

1

2,62

3,94

Rústico. Agrario

4

Aurora Sánchez Varela

15069A501004360000OZ

Camposa

CT e acceso

15,73

Rústico. Agrario