A Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur anuncia a convoca-toria de varios procesos selectivos para a contratación de tres prazas de persoal de investigación.
As bases reguladoras dos procesos selectivos para a contratación do persoal estarán dispoñibles na páxina web da Fundación: https://www.fundacionbiomedica.es/empleo/
O prazo de recepción de solicitudes finalizará aos 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Vigo, 23 de abril de 2025
Beatriz Gil de Araujo de Simón
Directora da Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur
