No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 86, do 8 de maio de 2025, foron publicadas integramente as bases que regulan a convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de funcionario de carreira, da escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, persoal de oficios, denominada condutor (C2), mediante o sistema de oposición libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao da inserción desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria serán obxecto de publicación na forma prevista nas súas bases reguladoras.
Ortigueira, 8 de maio de 2025
José Valentín Calvín Fondevila
Alcalde
