De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, logo de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecida a súa destinataria ou porque, intentada dúas veces a notificación, esta non se puido efectuar.
A persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar este acto na sede deste departamento territorial, situado na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2º, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Lugo, 5 de maio de 2025
Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
CIF/NIF interesado/a |
Núm. de expediente |
Acto que se notifica |
|
34145280D |
IN635C 2025/004-2 |
Acordo de inicio de expediente sancionador |
