DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 2025 Páx. 27683

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

EXTRACTO da Orde do 2 de maio de 2025 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o ano 2025 (código de procedemento PL500E).

BDNS (Identif.): 832268.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/832268

Primeiro. Persoas beneficiarias

Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que estean en posesión dunha titulación universitaria de licenciatura ou de grao relacionada coa filoloxía galega ou coa tradución e interpretación e cumpran un número mínimo de créditos en materias de galego e do idioma oficial do país onde radique o destino que solicita ou, no canto deste, en materias de inglés.

Segundo. Obxecto

Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, seis bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados en distintas universidades estranxeiras.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 2 de maio de 2025 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o ano 2025 (código de procedemento PL500E).

Cuarto. Contía

Importe total da convocatoria: 283.394,16 € dos cales 281.124,00 € se destinarán ao pagamento das bolsas dos lectores e 2.270,16 € á liquidación da cota patronal á Seguridade Social.

O importe íntegro mensual das bolsas obxecto desta convocatoria é o seguinte:

• 1.225,00 €, para aqueles lectorados localizados en universidades españolas.

• 1.378,00 €, para aqueles lectorados localizados en universidades estranxeiras.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
P.D. (Orde do 28.6.2024 )
Elvira Mª Casal García
Secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude