DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 2025 Páx. 27956

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Peroleira-Muíños Novos

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

A que subscribe, Lucía Misa Domínguez, veciña do lugar de Peroleira, parroquia de San Miguel de Peitieiros, concello de Gondomar (Pontevedra), mediante este anuncio convoco á xunta xeral ordinaria todos os usuarios de augas, da Comunidade de Usuarios de Peroleira-Muíños Novos, que terá lugar o 8 de xuño de 2025, ás 9.30 e ás 10.00 horas, en primeira e segunda convocatoria, respectivamente, no centro cultural de Peitieiros, coa seguinte orden do día:

1. Nomeamento da nova xunta directiva e xurado.

2. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

3. Altas e baixas.

4. Autorización á xunta directiva para a solicitude de subvencións no período 2025-2026.

5. Lectura de contas e aprobación, se procede.

6. Aumento da cota anual.

7. Establecemento da domiciliación bancaria como forma de pagamento.

8. Resumo de actuacións.

9. Obras subvencionadas, explicación delas e actuacións pendentes de realizar.

10. Recordatorio das principais obrigacións dos comuneiros coa comunidade.

11. Rogos e preguntas.

Peroleira-Gondomar, 14 de abril de 2025

Lucía Misa Domínguez
Presidenta