DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 2025 Páx. 27952

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO de modificación puntual non substancial número 2 da normativa e ordenanzas do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Teo.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 26 de marzo de 2025, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual non substancial do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Teo. Modificación puntual nº 2 da normativa e ordenanzas, do 14 de marzo de 2025, promovido de oficio polo Concello de Teo e redactado polos servizos técnicos municipais.

De conformidade cos artigos 47 da LSG e 86 do RLSG, suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito da citada modificación puntual non substancial.

A duración da suspensión é de dous anos, contados desde a aprobación inicial, e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva da modificación puntual non substancial.

A área afectada pola suspensión é a do ámbito da modificación substancial que se concreta nas ordenanza U-3 e U3a, residencial de baixa densidade en tipoloxía exenta, ordenanza N-1. Núcleo rural tradicional e ordenanza N-2. Expansión de núcleo rural.

Sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en La Voz de Galicia, no taboleiro de edictos do Concello e no Boletín Oficial del Estado (83 da LSG, 200 e 207 RLSG e 44 LPACAP). Durante ese prazo, que se computará a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, poderán presentarse alegacións, suxestións ou documentos que se consideren oportunos en relación co instrumento ou co expediente sometido a información pública (artigo 207.2.d) do RLSG).

O anuncio que se publique no BOE servirá de notificación nos termos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para todas as persoas propietarias e interesadas directamente afectadas que por resultar descoñecidas ou por se ignorar o seu enderezo non poidan ser notificadas persoalmente, ou intentada a notificación non se puidese efectuar.

O anuncio de información pública publicarase, así mesmo, na paxina web (www.teo.gal), na sede electrónica (artigo 70.ter da LRBRL, 87 da LSG, 206 do RLSG e 25.4 do TRLSRU) e no portal de transparencia do Concello de Teo (7.e) LT).

O expediente completo estará á disposición dos interesados no Departamento de Urbanismo do Concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Teo, 10 de abril de 2025

Lucía Calvo de la Uz
Alcaldesa