DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2025 Páx. 28094

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Presidencia da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2025, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se lle dá publicidade ao Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, do 28 de abril de 2025, polo que se acepta a renuncia e se declara a extinción das licenzas para a prestación do servizo de comunicación audiovisual televisiva, titularidade de Editorial La Capital, S.L., nas demarcacións de Carballo (TL01C), A Coruña (TL02C) e Ferrol (TL03C).

Adoptado Acordo polo Consello da Xunta de Galicia, do 28 de abril de 2025,

RESOLVO:

Primeiro. Darlle publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia adoptado en sesión do 28 de abril de 2025 que se transcribe a seguir:

«Aceptar a renuncia e declarar a extinción das licenzas para a prestación do servizo de comunicación audiovisual televisiva, titularidade de Editorial La Capital, S.L., nas demarcacións de Carballo (TL01C), A Coruña (TL02C) y Ferrol (TL03C)».

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2025

Pedro Francisco Rojo Otero
Secretario xeral de Medios