DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2025 Páx. 28113

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 14 de abril de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente CO-0000122142 e tres máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, por medio deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos actos administrativos de emenda das solicitudes que se indican as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou a través das persoas que as representen.

Para coñecer o contido íntegro dos actos administrativos que se notifican, as ditas persoas interesadas ou as persoas que as representen, debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Dependencia do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal, núm. 7, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, de conformidade co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, nos actos que se notifican outórgaselles ás persoas interesadas un prazo de dez (10) días hábiles, desde o día seguinte á notificación, efectuada por comparecencia, para emendar as súas solicitudes. Transcorrido este prazo sen que se realizase a emenda, entenderase que as persoas interesadas desisten da súa solicitude, e arquivarase o expediente, logo da resolución ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 14 de abril de 2025

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS210A

Número de

expediente

DNI

Contido do acto

Data do

documento

CO-0000122142

32398050C

Requirimento da emenda da solicitude

6.11.2024

CO-0000121198

32294866Z

Requirimento da emenda da solicitude

19.9.2024

CO-0000141232

01694841V

Requirimento da emenda da solicitude

17.1.2025

CO-0000123918

76284892X

Requirimento da emenda da solicitude

11.12.2024