DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2025 Páx. 28155

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de provisión do posto de traballo de director/a de turismo.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 88, do 12 de maio de 2025, publicáronse as bases da convocatoria para a provisión do posto de traballo de director/a de turismo, polo sistema de libre designación.

O prazo para presentación de solicitudes e demais documentación será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na sede electrónica.

Pontevedra, 12 de maio de 2025

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Delegación efectuada por R.P. nº 2025000361, do 20.1.2025)
Jesús Vázquez Almuíña
Deputado delegado de Asistencia aos Concellos,
Transparencia e Administración Xeral