Mediante o Decreto da Alcaldía 2025-1300, do 29 de abril de 2025, e unha vez rematado o pertinente proceso selectivo, nomeouse a Esteban Lago Barciela, con DNI ***7065**, persoal laboral fixo do cadro de persoal do Concello do Porriño, para a cobertura da praza de persoal laboral, denominada oficial 1ª albanel, incluída na oferta de emprego público do ano 2021, que se corresponde co código de posto de traballo da RPT 05.01.00.04, pertencente ao grupo laboral IV.
A formalización do correspondente contrato efectuarase no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 60.c) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
O que se fai público conforme o establecido nas bases do proceso selectivo e na lexislación de función pública vixente.
O Porriño, 9 de maio de 2025
Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde
