DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2025 Páx. 28613

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 6 de maio de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas (expediente 124710 e dous máis).

Intentada a notificación, ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias do Departamento Territorial (Tarxeta Sanitaria), sitas na avenida de Zamora, núm. 13, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non achegaren os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, teranse por desistidos/as da súa petición.

Ourense, 6 de maio de 2025

Laura López del Castillo
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE/PAS

Data do requirimento

124710

DV1818027

7.3.2025

129657

193224771

14.4.2025

124492

BE546335

21.4.2025