DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2025 Páx. 28596

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 6 de maio de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, de convocatoria para o pagamento do prezo xusto no expediente expropiatorio 066-EOL, Farrapa II, no concello de Abadín.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar por outro medio faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE). A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ao abeiro do disposto no artigo 49 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, esta dirección territorial sinalou o día 29 de xullo de 2025, ás 12.30 horas, para que nas dependencias da Casa do Concello de Abadín se leve a cabo o acto de pagamento do prezo xusto pola ocupación dos predios de referencia.

Os pagamentos faranse de acordo co previsto no artigo 3 da Lei de expropiación forzosa ás persoas propietarias ou titulares do dereito expropiado, que achegarán o título de propiedade e o DNI para a súa identificación. No caso de que o/a titular non poida comparecer ou compareza alguén que actúe en representación dunha pluralidade de titulares, ese representante deberá acreditar a súa condición mediante poder de representación ou documento privado asinado polo/a titular ou titulares e, igualmente, achegar copia do seu DNI, así como os dos/das seus/súas representados/as.

Se a resolución do Xurado de Expropiación de Galicia se atopa impugnada ante a xurisdición contencioso-administrativa, o/a titular terá dereito a que se lle pague a cantidade ata o límite en que exista conformidade, segundo dispón o artigo 50.2 da Lei de expropiación forzosa.

Así mesmo, no suposto de que o pagamento non se poida efectuar no día sinalado, a entidade beneficiaria consignará a indemnización na Caixa de Depósitos da Consellería de Facenda, consignación que será notificada aos expropiados xunto coas correspondentes instrucións para tramitar a desconsignación.

Lugo, 6 de maio de 2025

Jesús Montouto González
Director territorial de Lugo

ANEXO

Proxecto: parque eólico Farrapa II no concello de Abadín (expediente 066-EOL)

Entidade beneficiaria: Norvento, S.L.U.

Nº predio

Titular proposto

Referencia catastral

Polígono

Parcela

Lugar

26

Descoñecido

27001A053000940000FM

53

94

Costa de Abadín

27

Descoñecido

27001A053001650000FI

53

165

Costa de Abadín