En sesión que tivo lugar o 9 de maio de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 26 de novembro de 2024 (DOG núm. 234, do 4 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna separada, no grupo I, categoría titulado/a superior, do cadro de persoal do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, convocado pola Resolución do 23 de setembro de 2024,
ACORDOU:
Primeiro. Publicar, unha vez rematado o proceso selectivo, a relación de persoas aspirantes que o superaron, propoñendo o nomeamento como persoal laboral fixo das seguintes persoas:
|
Orde de prelación das persoas aspirantes (II.6) |
DNI |
Oposición primeiro exercicio |
Oposición segundo exercicio |
Concurso |
Total |
|
Sierra Sánchez, María Dolores |
***9511** |
68,25 |
Exenta |
26,48 |
94,73 |
Segundo. A persoa aprobada disporá de vinte (20) días hábiles para a presentación da documentación de acordo co previsto na base IV.2 da convocatoria.
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2025
José Eduardo López Pereira
Presidente do tribunal
