DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 2025 Páx. 28898

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2025, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de medicina (Diario Oficial de Galicia número 37, do 24 de febreiro) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 15 de maio de 2025, o tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de medicina), acordou, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 27 de maio de 2025, ás 15.30 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

Os/as aspirantes deberán ir provistos do DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2025

María Jesús García Blanco
Presidenta do tribunal