DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 2025 Páx. 28900

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos, arquitectos técnicos e ciencias.

Mediante a Resolución do 18 de febreiro do 2025 (DOG núm. 36, do 21 de febreiro) publicouse a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos, arquitectos técnicos e ciencias, convocado pola Resolución do 27 de febreiro de 2024 (DOG núm. 50, do 11 de marzo) pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos, arquitectos técnicos e ciencias.

Transcorrido o prazo establecido nas bases para presentar reclamacións á exclusión das listas provisionais, esta dirección xeral, no uso da competencia delegada pola Consellería de Facenda e Administración Pública, en virtude do disposto no artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro),

RESOLVE:

Elevar a definitiva a relación de persoas solicitantes admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes dos corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos, arquitectos técnicos e ciencias.

A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia na epígrafe de concurso de traslados https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/consulta

A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo desta resolución.

As respostas ás reclamacións poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions co DNI e co código da reclamación formulada.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2025

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Motivo da exclusión

Becerra

Arrojo

Alberto

***8034**

84

Buján

Francesch

Elena

***1933**

12, 13

Castro

Prado

Beatriz

***6835**

12

Crespo

Vieira

Belén

***0256**

4

Díaz

Rodríguez

Emilia Nikole

***9630**

4

Feito

Gómez

José Manuel

***1287**

10

Fernández

Devesa

Sara

***4219**

12

Fontán

Bouzas

Manuel Xesús

***7959**

12, 112

García

Seisdedos

Eduardo

***2261**

12

González

Iglesias

Gerardo

***3396**

10

González

López

José

***9238**

84

Martínez

Paz

Sandra

***4756**

84

Mosquera

Val

María Belén

***2841**

84

Nieto

Mengotti

Santiago Manuel

***2510**

12

Oliveros

Yanes

Antonio

***8330**

10

Paz

Feijóo

Francisco

***4526**

84

Pérez

Gómez

Vicente Alfredo

***7529**

13

Rey

Cespón

Berta

***6712**

12

Río

Pita

Eva María

***4684**

12

Souto

Muíño

Óscar

***1771**

12, 112

Suárez

Baldonedo

Marta

***8802**

12

Trelles

Padín

María Isabel

***1393**

4

Vilariño

Alonso

Zoila

***6286**

84

Villada

Pillado

Antía

***4208**

84

Relación das causas de exclusión:

Código do motivo de exclusión

Descrición do motivo de exclusión

4

Falta de nomeamento para o corpo/escala desde o/a que concursa

10

Solicitude fóra de prazo ou sen rexistro de entrada

12

O corpo/escala, a relación de servizo ou o tipo de Administración non se corresponden cos do concurso

13

Non cumpre o tempo exixido no posto definitivo

84

Nomeamento provisional no seu proceso selectivo

112

O concurso non está aberto ao seu corpo/escala/Administración