DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 2025 Páx. 28972

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 8 de maio de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto dos predios afectados por un proxecto de instalación eléctrica situada no concello do Barco de Valdeorras (expediente IN407A 2022/174-3).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio convócanse as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia relativo aos predios afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de interruptor TC na LMTA BDV705 apoio número D22, na Casa do Concello do Barco de Valdeorras, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

As persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, tras a súa solicitude, se lles ingresará, mediante transferencia, o importe do prezo xusto máis os xuros correspondentes.

Ourense, 8 de maio de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de persoas afectadas descoñecidas,
con enderezo ignorado ou non notificadas

Número de expediente: IN407A 2022/174-3.

Denominación: instalación de interruptor TC na LMTA BDV705 apoio número D22.

Concello: O Barco de Valdeorras.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Lugar da convocatoria

Data

Hora

1

Gulpilleiras

32010A009004240000XF

Descoñecido/a

Casa do Concello do Barco de Valdeorras

30.6.2025

13.30

2

Mosteiros

32010A009002230000XB

Descoñecido/a

Casa do Concello do Barco de Valdeorras

30.6.2025

13.35