Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar» mediante este anuncio convócanse as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia relativo aos predios afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA BDV705 entre apoios número D23-110 e D23-118, na casa do concello de Rubiá, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.
As persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, logo da súa solicitude, se lles ingresará, mediante transferencia, o importe do prezo xusto máis os xuros correspondentes.
Ourense, 8 de maio de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de persoas afectadas descoñecidas,
con enderezo ignorado ou non notificadas
Número de expediente: IN407A 2023/138-3.
Instalación: Regulamentación LMTA BDV705 entre apoios número D23-110 e D23-118.
Concello: Rubiá.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
|
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Lugar da convocatoria |
Data |
Hora |
|
5 |
Valdemoito |
32074A019009580000XL |
Descoñecido/a |
Casa do Concello de Rubiá |
30.6.2025 |
12.20 |
