DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 2025 Páx. 28950

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello das Neves (expediente IN407A 2025/045-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese á información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América 38, 28028 Madrid.

Denominación: soterramento e substitución da LMTA SAL803, entre os apoios AE7GBX7D//4-5 e AEEV9JWR.

Situación: As Neves.

Descricións técnicas:

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 382 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/14 na LMTA SAL803 e final no apoio existente AEGULENB da LMTA SAL803.

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1-2OL, 12/20 kV 1x240 Al, de 258 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/12, mediante un paso aéreo subterráneo na LMTA SAL803, e final no apoio proxectado C-2000/14, mediante un paso aéreo subterráneo na LMTA SAL803.

Retensado do van comprendido entre o apoio proxectado C-2000/12 e o existente AE64NX0X//3-4 (42 metros de condutor LA-56).

A instalación está situada en Rubiós, no concello das Neves (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 28 de abril de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2025/045-4.

Denominación: soterramento e substitución da LMTA SAL803 entre os apoios AE7GBX7D//4-5 e AEEV9JWR.

Concello: As Neves.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións (servidume)

m2

m.l. aér.

m.l. sub.

m2
aér.

m2 sub.

1

Hortiña

Rústico

36034A073003530000HU

José Carlos Gil

1

2,00

3.27

9,83

3

Pumar Novo

Rústico

36034A071006900000HU

Descoñecido/a

6,00

4

Pumar Novo

Rústico

36034A071006930000HA

Descoñecido/a

21,00

5

Pumar Novo

Rústico

36034A071006940000HB

Descoñecido/a

4,00

10

Rial

Rústico

36034A071007020000HF

Descoñecido/a

16,00

316,00

11

Rial

Rústico

36034A071007000000HL

Descoñecido/a

33,00

13

Rial

Rústico

36034A071007670000HM

Descoñecido/a

16,80

265,00

15

Rial

Rústico

36034A071007720000HK

Descoñecido/a

9,20

146,00

19

Rial

Rústico

36034A071007770000HJ

Descoñecido/a

7,00

22

Nande das Pereiras

Rústico

36034A071006030000HL

José María Araújo Rodríguez

7.0

109,00

23

Nande das Pereiras

Rústico

36034A071006020000HP

Daniel Álvarez Rodríguez

7,00

91,00

25

Igrexario Castro

Rústico

36034A071005940000HH

Diocese de Tui-Vigo

4

2,00

31,60

229,00

26

Nande das Pereiras

Rústico

36034A071005950000HW

Descoñecido/a

158,00

27

Nande

Rústico

36034A071000430000HJ

Descoñecido/a

40,00

28

Nande

Rústico

36034A071000410000HX

María Dulcísima Gil Gil

23,70

324,00

29

Nande

Rústico

36034A071000400000HD

Descoñecido/a

15,90

161,00

30

Nande

Rústico

36034A071000390000HI

Descoñecido/a

1,40

98,00

31

Nande

Rústico

36034A071000380000HX

José Carlos Gil

41,00

32

Súa Igrexa

Rústico

6034A071000060000HX

María Dulcísima Gil Gil

16,00

35

Súa Igrexa

Rústico

36034A071000030000HK

Descoñecido/a

16,20

229,00

36

Súa Igrexa

Rústico

36034A071000020000HO

Descoñecido/a

12,50

179,00

37

Súa Igrexa

Rústico

36034A071000010000HM

Descoñecido/a

1,30

18,00