Vista a proposta do 15 de abril de 2025, da Comisión de Avaliación nomeada pola Resolución do 8 de xaneiro de 2025 para a valoración do cumprimento dos requisitos e dos méritos achegados polas persoas solicitantes ao concurso de méritos para a adscrición a un posto de auxiliar administrativo vacante na institución, convocado pola Resolución do 11 de decembro de 2024 (DOG núm. 244, e BOPG núm. 113, ambos do 19 de decembro), logo de sometemento á Xunta de Coordinación e Réxime Interior que tivo lugar o 9 de maio de 2025, de conformidade co disposto no artigo na base 12 da convocatoria, e en virtude das competencias que me atribúe o artigo 7.l) do Regulamento de organización, funcionamento da institución,
ACORDO:
Primeiro. Resolver de forma definitiva o concurso de méritos para a adscrición ao posto de auxiliar administrativo nº 19 da vixente relación de postos de traballo da institución, nivel de complemento de destino 16, convocado pola Resolución do 11 de decembro de 2024, en favor da solicitante María Dolores Rivas Martínez, con DNI **275***W, por ser a que obtivo a maior puntuación comprobada pola Comisión de Avaliación (27,54 puntos).
Segundo. A toma de posesión do posto adxudicado deberá producirse nos prazos establecidos na base 13 da Resolución do 11 de decembro de 2024.
Terceiro. Publíquese esta resolución no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web da institución.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, e de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2025
María Dolores Fernández Galiño
Valedora do pobo en funcións
