DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2025 Páx. 29297

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 28 de abril de 2025, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario soterrado, aéreo e en superficie para realizar a actividade de subministración de electricidade no porto de Rianxo (clave 12-55-24-C-3).

Está en trámite unha concesión administrativa solicitada por UFD, Distribución Electricidad, S.A., para a ocupación de dominio público portuario soterrado, aéreo e en superficie para realizar a actividade de subministración de electricidade, no porto de Rianxo, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 13.12.2024 e segundo a Confrontación dos proxectos «RBTS Ribeira 120 (Rianxo). Expediente 618424010144», asinado o 29.4.2024 pola enxeñeira técnica industrial, Susana Casais Pérez, colexiada nº 2033 e o «RBTS Ribeira 120 (Rianxo). Expediente 618424010144», asinado o 29.4.2024 polo enxeñeiro técnico industrial, Victoriano González Lemos, colexiado nº 2980.

O que se fai público, para os efectos previstos no 70 de la Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 28 de abril de 2025

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro