En cumprimento das funcións que lle están atribuídas á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto.
a) Viuda de Millares, SAT nº 1323 Xuga, cancelada por transformación nunha sociedade de responsabilidade limitada coa denominación Viuda de Millares, S.L., segundo acordo adoptado na asemblea xeral do 11 de outubro de 2024, que tivo lugar ante notario.
b) Escourido, SAT nº 1230 Xuga, cancelada por acordo adoptado na asemblea xeral do 20 de decembro de 2024, ratificada pola do 15 de marzo de 2025.
c) San Xulián, SAT nº 1003 Xuga, cancelada por acordo adoptado na asemblea xeral do 31 de decembro de 2024.
d) Seoane, SAT nº 843 Xuga, cancelada por acordo adoptado na asemblea xeral do 31 de decembro de 2024.
e) Os Picos, SAT nº 1004 Xuga, cancelada por acordo adoptado na asemblea xeral do 5 de febreiro de 2025.
f) Carrelas, SAT nº 1265 Xuga, disolta por acordo adoptado na asemblea xeral do 12 de decembro de 2024 e cancelada por acordo adoptado na asemblea da mesma data.
g) Ilma, SAT nº 828 Xuga, disolta por acordo adoptado na asemblea xeral do 21 de marzo de 2025 e cancelada por acordo adoptado na asemblea de 25 de marzo de 2025.
Santiago de Compostela, 7 de maio de 2025
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
