O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia número 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo 1
Dar publicidade da relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático durante o primeiro cuadrimestre do ano 2025, que se incorpora como anexo I desta resolución.
Santiago de Compostela, 14 de maio de 2025
María del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Cambio Climático
ANEXO I
Convenios asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2025
|
Título |
Obxecto |
Data da sinatura |
Achega económica da consellería (€) |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a asociación Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños-Cemma, para a asistencia, recuperación e estudo dos réptiles (tartarugas) e mamíferos mariños varados no litoral da Comunidade Autónoma de Galicia |
Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a Asociación CEMMA para asistencia veterinaria e recuperación dos réptiles, en especial das tartarugas mariñas, e mamíferos mariños varados nos espazos naturais protexidos pertencentes á Rede Natura 2000 de Galicia, así como para a recompilación da información resultante dos varamentos rexistrados nas costas galegas |
17 de xaneiro de 2025 |
15.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Granda Abilleira e Salgueiros, para a conservación da poboación reprodutora do mazarico real en Galicia |
Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do uso da superficie de 9,3 ha da parcela con referencia catastral 27010A204000460000PZ e os labores de mantemento que se van realizar nela, que estarán encamiñados á conservación e mantemento dunha axeitada calidade estrutural do hábitat de nidificación (landa e matogueira de baixo porte < 30 cm con ausencia de estrato arbóreo) da poboación nidificante de mazarico real |
5 de febreiro de 2025 |
5.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Administración xeral da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) para o desenvolvemento da campaña Bandeira azul 2025 en Galicia |
O desenvolvemento da campaña Bandeira azul 2025 en Galicia |
11 de marzo de 2025 |
57.500,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) para a realización de actuacións na Rede galega de reservas de biosfera en 2025 |
Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e o CEIDA para realizar actuacións de dinamización, sensibilización, divulgación, formativas e de comunicación, así como de educación ambiental e de asesoramento e documentación da Rede galega de reservas da biosfera, que se detallan no anexo deste convenio |
20 de marzo de 2025 |
90.000,00 € |
