DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2025 Páx. 29273

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 8 de maio de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifica ás persoas interesadas a Resolución do 6 de maio de 2025 relativa a unha instalación eléctrica no concello de Barbadás (expediente IN407A 2025/003-3).

Mediante a Resolución do 6 de maio de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Barbadás (expediente IN407A 2025/003-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares do predio que no anexo se relaciona para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 8 de maio de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2025/003-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: adecuación LMTA SCV806 no tramo entre apoios números D209-19 e D209-23X1.

Situación: parroquia de Piñor, concello de Barbadás.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32009A016002320000UL.

Lugar: Canibelas.

Cultivo: prado.

Titular: descoñecido.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. D209 e 6 m2 de canalización soterrada.