DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2025 Páx. 29266

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 30 de abril de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa, de autorización administrativa de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Viana do Bolo (expediente IN407A 2025/004-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación da LMTA SMI805 no tramo entre os apoios núm. 60-16-8 e núm. 60-16-14.

Situación: lugar de Fradelo, concello de Viana do Bolo.

Características principais recollidas no proxecto:

• Substitución, na LMTA SMI805, dos apoios núm. 60-16-9 e núm. 60-16-12, por novos apoios de celosía metálica do tipo C-18/3000 e C-16/2000 respectivamente, que se instalarán na mesma localización.

• Desmonte do tramo da LMTA SMI805 existente entre os apoios proxectados anteriores, coa retirada dos actuais apoios núm. 60-16-10 e núm. 60-16-11 e de 273 m de condutor existente do tipo LA-30.

• Instalación nunha nova localización dos apoios núm. 60-16-10 e núm. 60-16-11 e de 327 m de novo condutor LA-56 entre os apoios proxectados núm. 60-16-9 e núm. 60-16-12.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1.534 do ICOIIG, o 9.12.2024.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 3º, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 30 de abril de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2025/004-3.

Situación: lugar de Fradelo, concello de Viana do Bolo.

Denominación: regulamentación da LMTA SMI805 no tramo entre os apoios núm. 60-16-8 e núm. 60-16-14.

Predio núm. en proxecto: 1; Referencia catastral: 32087A025000400000HI.

Lugar: O Serro.

Cultivo: monte alto.

Titular: CMVMC de Fradelo.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 60-16-9 e de 1.029 m2 de servidume de voo.

Predio núm. en proxecto: 2; Referencia catastral: 32087A028000140000HG.

Lugar: O Serro.

Cultivo: monte alto.

Titular: CMVMC de Fradelo.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 60-16-10 e de 338 m2 de servidume de voo.

Predio núm. en proxecto: 3; Referencia catastral: 32087A026000020000HL.

Lugar: A Buraquiña.

Cultivo: monte alto.

Titular: CMVMC de Fradelo.

Afeccións: ocupación de 4 m2 para os apoios núm. 60-16-11 e 60-16-12; e de 3.290 m2 de servidume de voo.