No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 80, do 29 de abril de 2025, publicáronse integramente as bases do proceso de provisión dunha praza de funcionario/a de carreira para o posto de técnico/a de Medio Ambiente (A2) do Concello do Rosal, incluída na oferta de emprego público do ano 2025, mediante o sistema de concurso-oposición en quenda libre.
De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica do Concello do Rosal.
O Rosal, 30 de abril de 2025
Ánxela Fernández Callís
Alcaldesa
