DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2025 Páx. 29290

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Gondomar (expediente DH.A36.103829).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Irene Estévez González en representación da Comunidade de Usuarios de Camiño Branco.

Expediente: DH.A36.103829.

Volume total anual: 2.320,38 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,14 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: manancial na parcela 72, poligono 74, do catastro de Gondomar.

Lugar: O Camiño Branco.

Parroquia: Morgadáns.

Concello: Gondomar.

Descrición:

A auga do manancial condúcese a depósito na parcela 24, poligono 74, do que parte unha rede de distribución cara ás vivendas que abastece a Comunidade no lugar do Camiño Branco, Morgadáns (Gondomar).

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 15 de xaneiro de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur