En virtude do establecido no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro),
DISPOÑO:
Darlle publicidade á relación das addendas, os acordos e os convenios subscritos pola Escola Galega de Administración Pública, referida aos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2025
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Püblica
ANEXO
Addendas, acordos e convenios de colaboración subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2025
|
Convenio |
Data da sinatura |
Importe |
|
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, para a convocatoria e o desenvolvemento de actividades de formación en materia de administración electrónica e de seguridade e protección de datos no ano 2025. |
19.2.2025 |
122.505,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, para a convocatoria e o desenvolvemento de actividades de formación do marco galego de competencias dixitais COMDIX no ámbito do persoal empregado público no ano 2025. |
19.2.2025 |
106.544,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e Vitaly Health Services, S.L., para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación. |
20.2.2025 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación. |
5.3.2025 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación. |
6.3.2025 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Central Sindical Independente e de Funcionarios de Galicia (CSIF Galicia), para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación. |
13.3.2025 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación. |
17.3.2025 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia Galega de Innovación, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación. |
20.3.2025 |
Sen achega económica |
|
Acordo de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e Cruz Vermella, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación. |
27.3.2025 |
Sen achega económica |
|
Acordo de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e Saúde Mental Feafes Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación. |
27.3.2025 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e Intecmar, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación. |
27.3.2025 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación. |
27.3.2025 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación. |
27.3.2025 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación. |
27.3.2025 |
Sen achega económica |
|
Addenda do Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Escola Galega de Administración Pública, para a realización de actividades de formación en lingua galega. |
27.3.2025 |
721.621,84 € |
|
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Consellería do Medio Rural, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación. |
31.3.2025 |
Sen achega económica |
|
Acordo de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade, a Consellería de Facenda e Administración Pública e a Escola Galega de Administración Pública, para desenvolver actividades de formación en materia de igualdade, prevención e loita contra a violencia de xénero con cargo aos fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. |
26.3.2025 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación. |
4.4.2025 |
Sen achega económica |
